handicrafts
attic
     
 

Zoqueiros / Zoqueiros


Os zoqueiros fan zocos e zocas, calzado habitual entre as xentes dun país húmido e aberto ás chuvias e neves das longas invernías.

As empeñas de coiro mércanllas aos zapateiros. Para facer os paos dos zocos e mailas zocas utilizan madeira de bidueiro, ameneiro ou salgueiro, que labran no burro.

Adoitan traballar nos seus obradoiros, pero ao remate do outono poden saír ambulantes a faceren os encargos que lles pidan, levando a ferramenta nun cesto de longo aro.

 

Pattons made wooden clogs and clogs made of wood and leather, normal footwear in a land of long rainy and snowy winters.

They would buy the leather from the shoemaker. They would use birtchwood or willow which they would shape on a bench.

They usually work in their workshops but in autumn they may leave the workshop for special orders, carrying their tools in a basket with a long handle.

 

 

Conversa co ZOQUEIRO

Conversation with a PATTON

1. Oficio dos pais?

- Meu pai era carpinteiro e miña nai ama de casa.

1. Parents' profession?

- My father was a carpenter and my mother a housewife.

2. Que o levou a elixir o seu traballo?

- Porque tiña un irmán que facía zocos, eu funlle axudar algunha vez e pouco a pouco empecei a aprender e cada vez gustábame máis ata que empecei a facelos eu.

2.What made you choose your profession?

- I had a sister who made clogs and I helped her from time to time in order to learn. I came to like it and started making them myself.

3. Traballou só nisto?

- Non, tamén tiña vacas.

3.Was this your only job?

- No, I also kept cows.

4. Técnicas de traballo.

- Había que cortar a madeira en cachiños pequenos con un serrucho, logo labrábase cunha machada e despois cunhas trenchas íaselle dando forma á sola e amarrábao con cravos.

4. Working technique.

- You had to cut the wood into small pieces using a small saw, then you would work the wood, shape the sole and join the parts with nails.

5. Anos no oficio.

- Fixen zocos durante uns vinte e cinco anos, e ao mesmo tempo tamén tiña vacas e ovellas na casa.

5. Timespan.

- I made clogs for twenty-five years and I had cows and sheep to care for at home too.

6. Materias primas.

- Madeira de ameneiro ou bidueiro, cravos e o coiro.

6. Raw materials.

- Birchwood and willow as well as nails.

7. Que utensilios usaba?

- Serrucho, martelo, trencha, machada e, ás veces, tenaces.

7. What tools did you use?

- A small saw, a hammer, a carver and sometimes some pincers.

8. Canto lle custaba o material?

- A madeira, por cada par de zocos custábame cincuenta céntimos.

8.How much was the material?

- The wood for a pair of clogs would cost fifty cents.

9. Canto cobraba?

- Os primeiros anos cobraba seis pesetas, e despois fun aumentando ata os últimos que vendín a once pesetas.

9. How much were a pair?

- At first six pesetas and towards the end eleven pesetas.

10. Cantos pares facía ao día?

- Facía uns seis pares, porque tamén tiña que atender algo as vacas.

10. How many pairs did you make a day?

- About six because I also had to care for the cows.

11. Cantos anos tiña cando empezou a facelos?

- Empecei con quince anos.

11. How old were you when you began?

- I was fifteen.

12. De onde traía o material?

- Compraba no monte unhas árbores e despois fendíaas e labrábaas.

12. Where did you get the materials?

- I would buy some trees in the woods and I would chop them and shape the pieces.

13. Cando empezou, que tiña pensado para o futuro?

- Pois quería ser o mellor zoqueiro da aldea, e ao final conseguino, porque cando parei de facelos, xa era o único zoqueiro da aldea.

13. What plans did you have for the future when you began?

- I wanted to be the best patton in the village, and I was in the end, because I was the only one left.

14. Naquela época había moita competencia?

- Non moita, había moitos artesáns na aldea, pero cada un dedicábase a unha cousa.

14. Was there a lot of rivalry back then?

- Not much, there were many craftsmen but they all had different trades.

15. Onde os facía?

- Nun local que tiña, que era onde tiña as ferramentas todas para traballar.

15 Where did you make them?

- In a workshop of mine where I kept all my tools.

 

Entrevistador:

Interviewer:

José Luís Mejuto Sanguiao. B1C.

 

http://www.albertogeada.com/

 
 
 
handicrafts