handicrafts
attic
     
 

Cesteiros / Basketweavers


O cesteiro urbano traballa nun taller fixo. No medio rural adoita ser traballo estacional e, por veces, ambulante, que se organiza en dúas temporadas: inverno e verán. A materia prima é a madeira de castiñeiro, carballo, bidueiro ou cerdeira; tamén son moi comúns os cestos de vimbios tecidos.

Os cesteiros teñen un "latín" ou xerga que se conservou na zona de Mondariz e que presenta moitos trazos en común co dos arxinas.

 

Theurban basketweaver works in a fixed workshop. In rural areas it would often be seasonal work, and sometimes like a peddler. Two would be the main seasons: winter and summer. The raw material is wood: chestnut, oak, birch or cherry, and baskets made out of a kind of bambu are also common.

The basketweavers have a sort of "Latin" or jargon which is maintained in the Mondariz area and it has many traits in common with the arxinas.

 

 

Conversa co CESTEIRO/ Conversation with the BASKETWEAVER

1. Cantos anos ten?/ How old are you?

- Teño sesenta e cinto anos./ I'm sixty-five.

2. Número de irmáns/irmás que ten/ Number of siblings

- Teño cinco irmáns./ I have five siblings

3. Oficio ao que se dedicaban seus pais/ Parents' job

- Meu pai era carpinteiro e, mentres, miña nai traballaba na casa./ My father was a carpenter and my mother a housewife.

4. Por que elixiu a profesión que ten?/ Why did you choose this profession?

- Eu elixín o oficio de cesteiro debido a que meu pai, cando tiña o seu tempo libre, aprendíame as técnicas e procesos de elaboración dos cestos, e iso gustábame./ I chose the basketweaver trade because my father taught me the technique in his spare time and I liked it.

5. Onde aprendeu o seu oficio? Cando?/ Where and when did you learn the tricks of the trade?

-O meu oficio aprendino grazas ao meu pai, porque, sobre todo as fins de semana, levábame para o seu propio taller e eu alí entretíñame. Aprendín este oficio cando tiña aproximadamente catorce anos. / I learnt thanks to my dad because he would take me to his workshop to train me specially during the weekends. I was about fourteen at the time.

6. Por que pensaba que este oficio era bo?/ Why did you think this was a good job?

- Pois, se che digo a verdade, pensaba que este oficio era bo porque nel podías gañar moitos cartos./ To tell you the truth, I thought the money was good.

7. Cantos anos hai que se dedica ao seu oficio?/ How long have you been doing this?

- Dedícome a este oficio dende que saín da escola, e eu tiña catorce anos./ Since I left school at the age of fourteen.

8. Como é o proceso de elaboración dos cestos?/ What is the process of making baskets?

- O proceso de elaboración é o seguinte: / The process is as follows:

Póñense oito ou dez "lechizas" e estas métense ao forno, son chamados cestos de senqueira, e con elas colócase a madeira de carballo para que non rompan. Unha vez saídas do forno, dánselle forma de abanico, con iso xa podiamos utilizar as "corres", que eran pequenas varas de vimbio; con isto estaba terminado. Se as corres eran pequenas, facíase un cesto pequeno, e se eran grandes, facíanse cestos con asas./ You place the oakwood into special containers so the wood doesn't break in the furnace. Then you shape them like a fan and you use thin pieces of a sort of bambu to finish the job.

9. Que era o que máis lle demandaban os seus clientes?/ What did your customers ask for most?

- O que máis me demandaban era facer cestas de lechizas, tanto de pequeno como de gran tamaño, porque iso dependía do seu uso./ A sort of baskets called "lechizas" in different sizes depending on what they were going to be used for.

10. Cantos traballos tivo?/ How many jobs have you had?

- Á parte do de cesteiro, estiven traballando no campo durante doce anos, e na hostalería aproximadamente dezasete./ Apart from being a basketweaver, I was a farmer for twelve years and I worked in the catering trade for about seventeen.

11. A fabricación ou elaboración dos seus produtos lévalle moito tempo?/ Does it take long to make your products?

- Os cestos pequenos levábanme unhas tres horas curtas, e os grandes, case cinco./ Small baskets less than three hours and the large ones nearly five.

12. Cantas horas soía traballar? Goza traballando ou faino por diñeiro?/ How long was your day? Do you enjoy your job or do you do it for the money?

- En cuestión das horas, dependía da época do ano; no verán traballábanse moitas máis horas, mentres que no inverno era o contrario, porque eu, ademais, traballaba no campo e case non tiña horas para isto. Eu se che son sincero, dígoche que o fago polo diñeiro, pero con isto tamén te entretés e ademais pásalo ben./ It depended on the time of year, I worked more in summer than winter because I also worked the land and had little time for basketweaving. To be honest I do it for the money, but I must say it is entertaining and I enjoy it too.

13. Ferramentas de traballo:/ Working tools:

- Utilizaba unha fouce, unha machada, que era para romper os paus de carballo, e tamén utilizaba un martelo para darlle o último retoque./ I used a sickle, an axe to chop the oakwood, and also a hammer to give the work a final touch.

14. Gustaríalle aprenderlle o seu oficio a alguén?/ Would you like to teach someone the trade?

- En realidade, gustaríame moito, porque é un recordo inesquecible que lle teñas que aprender este oficio a alguén, xa que se está extinguindo./ I'd love to because as it is dissapearing it would be unforgettable.

 

http://hoxe.vigo.org/artesania/IMAXES/CESTEIROS/index.html

http://hoxe.vigo.org/artesania/CAT_COLECCION_PERMANENTE/index.html

 
 
 
handicrafts