handicrafts
attic
     
 

Cantorleiros e zarralleiros / Crockers and tinkers


Cantorleiros e zarralleiros son oficios ambulantes, que poden ir asociados. O seu labor non consiste en facer pezas novas, senón en arranxar as vellas.

O zarralleiro, coa zafra espetada no chan e sentado no caixón das ferramentas, vai compoñendo o que lle levan, bota un remendo nunha tarteira, tapa o burato dunha ola cun remache ou cunha pinga de estaño.

O cantorleiro ocúpase da vaixela escachada. Fai uns buratos na peza coa parafusa; logo, cos alicates, fai unhas grampiñas de arame, xunta os anacos e vainos amarrando con elas.

 

Crockers and tinkers are also street trades which may be associated. In this case, there job consited of mending old pieces and not making new ones.

The tinker, sitting on his toolbox and with his anvil next to him on the ground, repairs what is brought to him, he mends a pan, he covers the hole in a pot with liquid tin and so on.

The crocker is in charge of broken crockery. He would make some holes on the piece with a kind of screwdriver; then, using pliers, he makes a sort of staples from wire and using them puts the pieces together.

 

 
 
 
handicrafts